O pasado sábado tivemos o pracer de participar nas catas sensoriais organizadas por pescadeRías e en colaboración co restaurante A horta do obradoiro.
A marca pescadeRías ¿de onde se non? é un selo de identidade para a promoción e defensa dos peixes e mariscos procedentes da frota artesanal cuxa fama de variedade e calidade traspasan as nosas fronteiras.
Esta marca xorde desde a Consellería do Mar da Xunta de Galicia no ano 2008 coa idea de que os produtos do mar procedentes da frota artesanal poidan ser claramente diferenciados, dentro da variada oferta que presenta un mercado cada vez máis globalizado e cunha ampla variedade de produtos.
As vantaxes para o consumidor son que os produtos pesqueiros, ao levar un distintivo, poden ser distinguidos con facilidade no mercado co que se atopa o consumidor a diario. Estes produtos etiquetados son unha garantía de frescura e calidade, de respecto ao medio ambiente e de aplicación dunhas prácticas hixiénicas e de manipulación adecuadas por parte das empresas que os puxeron no mercado.
Tivemos a sorte de contar con gastrobloggers como La Alacena Roja, Taller de Azúcar, Laurel y Canela o Turvegal.
E a sorte tamén de probar tres productos do mar #navalla, #xurelo e #choco e crear una experiencia sensorial única, gracias aos tratamentos culinarios elaborados por Kike Piñeiro.