Como recordarás, xa comentamos anteriormente a participación de TasteLab na cata sensorial que se realizou co gallo do II Encontro de Gastrobloggers Salimat Abanca. O selo pescadeRías, ¿de onde se non? puxo o excelente produto e Kike Piñeiro (A Horta do Obradoiro) preparou os pratos de xeito maxistral.
+info do evento nas seguintes ligazóns:
Evaluación sensorial con gastrobloggers. TasteLab y PescadeRías en Salimat 2016
“PescadeRías: o Mar Marca”, Salimat 2016
Hoxe, queremos presentar os resultados que obtiveron a navalla de Cangas, o choco de Redondela e o xurelo de Fisterra. Pódense consultar na Newsletter de pescadeRías do mes de xullo (aquí). Ou premendo na seguinte ligazón: informe completo cata sensorial.
Unha vez máis, desde TasteLab queremos recoñecer o labor tan importante que fan selos de calidade, como pescadeRías, na recuperación e divulgación de productos galegos de indiscutibe calidade, como demostran estes resultados.