Sensorialidades Aplicadas. Un ensaio arte-ciencia

Presentación de resultados Sensorialidades Aplicadas. Un ensaio arte- ciencia

10 de novembro

 

Sensorialidades aplicadas, un ensaio arte-ciencia foi unha investigación experimental que tivo lugar na Fundación Luis Seoane e no que se ensaiou a percepción sensorial coas obras do artista, A investigación tiña dous obxectivos claros, por unha banda amplificar a experiencia da atención e por outro lado coñecer que implica para o espectador visitar/habitar unha obra de arte. Para iso contouse co uso do software de análise sensorial SENSESBIT e un electroencefalograma (EEG) para medir as emocións mediante a análise da actividade eléctrica do cerebro utilizando para iso pequenos eléctrodos; mais tamén mediante o propio corpo procurando achegar a obra ao corpo e viceversa.

Profundizar a atención, facela máis sostida, máis plena é un intento de resistencia á economía da atención, como un xeito de parar, de tomar consciencia do aquí e do agora, do instante mesmo, de desfrutar da experiencia sensorial, de poñer o corpo ao servizo dese intre concreto. Ao longo duns obradoiros analizouse a experiencia de habitar unha obra, xogouse cunha atención máis consciente e outra menos consciente (a que podería ser a habitual na visita a un museo), para así coñecer que supón para o espectador ver a obra, mais tamén como exercizo para adestrar a atención e mellorar a agudeza sensitiva

Neste estudo realizáronse medicións das emocións sentidas en diferentes momentos da visita á Fundación Luis Seoane. En concreto efectuáronse 10 experiencias que foron medidas co obxectivo de harmonizar os resultados e comparar as accións. As medidas realizaronse mediante dous métodos diferentes, enquisas e diadema EEG, así como a través do análise das conversas derivadas de cada experiencia. Así cos participantes mediuse o compromiso, a concentración, o interese, a relaxación, o estrés e a excitación.

O próximo mércores 10 de novembro ás 19.00h presentaran os resultados os directores desta investigación. Por un lado Fran Quiroga, artista e investigador e Maruxa Quiroga, CEO e co-fundadora desta compañía.

As persoas que asistan ao encontro poderán levarse un fanzine, que a modo de ensaio perfomativo da conta das conclusións da investigación experimental. O proxecto conta cunha Axuda da Xunta de Galicia para o fomento de actividades de creación-produción das Artes Plásticas e Visuais.

Compartir el post

Entradas relacionadas

Programa congreso AEPAS

¡Ya estamos preparando todo para el VI Congreso de AEPAS 2025! Todavía falta por confirmar todas las ponencias, pero la programación ya está cerrada para que podáis organizaros y no faltar los próximos 4, 5 y 6 de junio en Lugo, Galicia. Siguiendo con la tradición que comenzó en 2015,

Read More

SOMOS LA PRIMERA EMPRESA DE TECNOLOGÍAS DE ANÁLISIS SENSORIAL DE ESPAÑA

Basada en la ciencia de los sentidos que ofrece servicios de alta calidad y máxima confidencialidad